… Xunto a morea de guionistas que participaron na escrita das tempadas terceira e cuarta de As Leis de Celavella. A cerimonia o vindeiro 19 de marzo.
Actualizaciones de Febrero, 2006 Ocultar hilos (threads) | Atajos de teclado
-
Nominado a los Mestre Mateo
dosdimension
-
Nuevo video de Deluxe
dosdimension
Adrián dirige a Xoel y todo queda en casa. Solo faltó el Tupperware como localización, pero casí… Eso si, los cameos, de lujo. Los chanantes Julián López (Vicentín), Ernesto Sevilla (El Gañán) y nuestro Félix Lovely Luna. Aquí el enlace para verlo en la cada vez más dinámica -
En un lugar de La Mancha
dosdimension
… se emite un programa, Suburbia (como la mítica canción de Pet Shop Boys) que a través de internet viaja y se escucha desde la finisterrae galaica hasta la Francia chauvinista pasando por los USA o la República Popular China. En su cabina dos distinguidos ciudadanos de Albacity, Víctor y Sonia, guapos y modernos sin complejos, nos regalan música, noticias y entrevistas de tronío. Hoy cumplen cuatro años. Mis más sinceras felicidades por el mejor espacio radiofónico de la red. Y que cumplais muchos más!-
sub>urbia
muchas gracias… tú próxima entrevista será en directo ¡no te escapas!
-
otro sub>urbia
gracias!!! eres un sol gallego!!! a ver cuándo te escapas por aquí…
de verdad, muchísimas gracias por estar ahí!!!
besos!
-
-
Cifras e Letras… xa en emisión!
dosdimension
… Dende hoxe a partires das 15:30 na TVG! Na foto Paco, Yolanda, e Maika hai uns minutos… Mañá as primeiras audiencias.
-
Anonymous
que ben!, canto me gustou sempre este programa. Unha cousa, sábese a que enderezo hai que escribir pra participar?
-
amalio
Queria saber a que enderezo hai que eescribir para participar!!
-
-
Nova programación de TVG
dosdimension
O ente autonómico ten unha decidida vocación de renovar os seus contidos e grella. Para comunicar tal feito e dar a coñecer as novidades da súa programación celebrouse unha gala no Palexco coruñés. Xunto coas apostas de produción propias da tele e as súas promos onde o noso Cifras e Letras ten un especial protagonismo tamén tiven tempo de enterarme dalgunhas cousas nesta pequena feira das vanidades (con agarimo). Marcos Nine (co que fixen un aparte amolados como estábamos) prepara un novo documental, ademáis de traballar nun videoclip para os hiphopeiros Dios que te crew. Por outra banda Antonio Hernández, premio Goya o mellor guión pola estupenda En la ciudad sin limites e que acaba de rematar a cobizosa Los Borgía rodará para Voz Audiovisual. E falando da mesma produtora, se uns agardan o seu primeiro fillo (Parabens!) caso de David Martínez outros deixan aloumenos un vicio, caso do tabaco e Paco Sánchez (Sorte e tamén parabens). Coa marcha do alcalde Paco Vázquez a Roma como telón de fondo de todas as conversas, tamén falei coa sempre simpática Nuncy Valcarcel (coa que tiven a sorte de traballar en O Mundo de Celavella) e co realizador e guionista Chema Gagino. -
Dende o plató 1000
dosdimension


Anonymous 6:33 pm on Febrero 24, 2006 Permalink |
Ola, Iván. Chámome María e traballo en Literatura. Acabei hai un momento de ler B.S.O e teño que dicir que me gustou moito. Non sei se probaches ou probarás a escribir novela, pero desde logo manéxaste no relato. É un pracer atopar, ademais, en galego un libro destas características, en canto aos temas e estilo (inseparábeis estes dous factores, por outra banda, non si?, aínda que a didáctica escolar cutre, que sobrevive nalgunhas Facultades, se empeñe en considerar que hai un ‘contido’ que extraer da ‘forma’). Ui… estoume indo xa pólas arriba…! En fin, o que quería dicirche é que de momento non se fixo crítica ningunha da obra, só houbo notas de prensa ao saír o libro (agás a atención que mereceu no programa de Ana Romaní). Daríame moita pena que pasase un pouco desapercibido nos circuítos nos que se decide qué se “debe ler”, e témome que nisto vai influír o descoidado da edición. Ás veces resulta difícil saber qué erros son tipográficos e cales dependen da incompetencia lingüística do autor. Que, por favor, cho revise un lingüísta se o volves editar (hai algún bó na tvg, por certo, que seguro que o faría).
Claro que tamén estás no teu dereito de preferir que o libro se manteña á marxe e teña, digamos, unha distribución alternativa (pero é que xa temos un sistema tan ‘alternativo’, por puramente institucional, en Galicia, que é unha pena).
En fin… Quedei, ademais, un pouco frustrada ao non poder descargar texto ningún do blog. Apetecíame ler máis.
Pois iso, unha aperta e que escribas moito!
dosdimension 12:03 am on Febrero 27, 2006 Permalink |
Prezada María:
Grazas polo teu comentario e só decirche que tes razón en todo. Na cuestión de posibles erros ortográficos a responsabilidade da incompetencia é miña (unha longa historia). O resto de cousas que citas con bo criterio tamén traballo en enmendalo.Teño pendente subir material inédito a web; serás a primeira en sabelo!
En breve presentarei BSO en Vigo e Lugo; agardo te pases.
Moitísimas grazas de novo!
María 9:29 pm on Marzo 6, 2006 Permalink |
Agardo ese material!
Unha aperta
Anonymous 5:47 pm on Marzo 10, 2006 Permalink |
Iván ivan tu libro es una mala copia de HSThompsom y un Bukowski de los castros, qué cutre… esperamos que no haya más…