Actualizaciones de Marzo, 2006 Ocultar hilos (threads) | Atajos de teclado

  • Gañador do Mestre Mateo na categoria de Mellor Guión 

    dosdimension 8:41 pm on March 20, 2006 Permalink | Responder

    Xunto a morea de guionistas de As Leis de Celavella que fixemos posible a terceira e carta temporada. A serie de Voz Audiovisual foi de novo a triunfadora da noite, sendo premiada ata dez veces, tantas como nominacións tiña. A foto de enriba (xunto a Marcos Nine, outro dos premiados) é o máis preto fisicamente que estivemos da estatuiña que representa o xenial escultor medieval autor do Pórtico da Gloria da catedral compostelana. Noraboa ademáis a Yolanda Castaño, compañeira miña en Cifras e Letras, que levouse o premio a mellor comunicadora.
     
    • Alex 12:08 am on Marzo 21, 2006 Permalink | Responder

      Hei Hei Iván!!!

      Noraboa dende Fene polos Mestres Mateos acadados, e tamen noraboa a Super Yolanda por acadar o seu premio. Non o tiña facil pola categoría do resto dos nominados, pero ao final levou o premio que tanto se merece!Asi se fai Yolanda!!!

      Vémonos pronto!

    • Yolanda Castaño 2:50 pm on Marzo 24, 2006 Permalink | Responder

      Gracias respetado compañeiro Iván pola túa amabilísima noraboa neste teu blog. E gracias tamén Álex polos teus entusiastas e pouco merecidos -pero igualmente estimados- vítores.
      É un pracer coñecer xente coma vós.
      (un bico)
      Yolanda

    • Álex 10:05 pm on Marzo 27, 2006 Permalink | Responder

      Agradecéndolle a Ivan o feito de cedernos este pequeno espacio no mundo virtual, o único que podo facer é darche as gracias unha vez máis: Non custa nada da os parabéns a alguén que realmente os merece, e moito menos tratándose dunha amiga!

      Son os pequenos detalles os que fan mais grande as persoas e as diferencian de outras xentes.

      Biquiños, o pracer é meu…

      – Alex -

  • B.S.O en Vigo 

    dosdimension 6:26 pm on March 20, 2006 Permalink | Responder

    Xunto co segundo número de La Patrulla Caspa. Arriba tedes a imaxes dalgúns dos que se pasaron por El Monstruo de un solo ojo para disfrutar da festa. Grazas os presentes, moitos deles vellos amigos de Compostela e incluso compañeiros do grupo de teatro Nús ou afecionados do Athletic. E tamén a Suka e Raúl (na imaxe), que ademáis de tocar no poderoso combo metalero Kannon son dous tipos excelentes.
     
  • Festa presentación BSO en Vigo 

    dosdimension 2:10 pm on March 17, 2006 Permalink | Responder

    Vigo é unha das miñas cidades favoritas, aínda que a maior parte dos meus amigos vigueses andan fartos dela. Agás algunhas excepcións (nunha ocasión unha vella deume vinte pesos dos daquela ao verme chorar na rúa) sempre o pasei ben: polos seus locais en Churruca, a ría no verán, o barco a Moaña e as goleadas que o Depor polo xeral colleita cando xoga en Balaidos (as últimas veces que saín por alí coincidiú)… e algún que outro culto inconfesable. Este sábado 18, véspora dos Mestre Mateo, terei a oportunidade de facer a festa de presentación de B.S.O e pinchar no El Monstruo de un solo ojo. Xa tiven a oportunidade de coñecer o estupendo local cando pinchara Adrian LeFreak hai uns meses.
    Para a ocasión a celebración e dobre e conxunta, xa que tamén aproveitamos para presentar o número dous de La Patrulla Caspa, o cómic en formato fanzine que debuxa e edita o meu amigo Ruben García (outro vasco coma min, aínda que guiputxi de Donosti) e no cal colaboro cun artigo sobre Álvaro Vitali, o lendario Jaimito.
    Pois iso, o sábado a partir da hora meiga!
     
c
Crea una nueva entrada
j
Siguiente entrada / Siguiente comentario
k
anterior entrada/anterior comentario
r
respuesta
e
editar
o
mostrar/ocultar comentarios
t
ir al encabezado
l
go to login
h
mostrar/ocultar ayuda
esc
cancelar