Nova programación de TVG

O ente autonómico ten unha decidida vocación de renovar os seus contidos e grella. Para comunicar tal feito e dar a coñecer as novidades da súa programación celebrouse unha gala no Palexco coruñés. Xunto coas apostas de produción propias da tele e as súas promos onde o noso Cifras e Letras ten un especial protagonismo tamén tiven tempo de enterarme dalgunhas cousas nesta pequena feira das vanidades (con agarimo). Marcos Nine (co que fixen un aparte amolados como estábamos) prepara un novo documental, ademáis de traballar nun videoclip para os hiphopeiros Dios que te crew. Por outra banda Antonio Hernández, premio Goya o mellor guión pola estupenda En la ciudad sin limites e que acaba de rematar a cobizosa Los Borgía rodará para Voz Audiovisual. E falando da mesma produtora, se uns agardan o seu primeiro fillo (Parabens!) caso de David Martínez outros deixan aloumenos un vicio, caso do tabaco e Paco Sánchez (Sorte e tamén parabens). Coa marcha do alcalde Paco Vázquez a Roma como telón de fondo de todas as conversas, tamén falei coa sempre simpática Nuncy Valcarcel (coa que tiven a sorte de traballar en O Mundo de Celavella) e co realizador e guionista Chema Gagino.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s