Adrián dirige a Xoel y todo queda en casa. Solo faltó el Tupperware como localización, pero casí… Eso si, los cameos, de lujo. Los chanantes Julián López (Vicentín), Ernesto Sevilla (El Gañán) y nuestro Félix Lovely Luna. Aquí el enlace para verlo en la cada vez más dinámica
Ola, Iván. Chámome María e traballo en Literatura. Acabei hai un momento de ler B.S.O e teño que dicir que me gustou moito. Non sei se probaches ou probarás a escribir novela, pero desde logo manéxaste no relato. É un pracer atopar, ademais, en galego un libro destas características, en canto aos temas e estilo (inseparábeis estes dous factores, por outra banda, non si?, aínda que a didáctica escolar cutre, que sobrevive nalgunhas Facultades, se empeñe en considerar que hai un ‘contido’ que extraer da ‘forma’). Ui… estoume indo xa pólas arriba…! En fin, o que quería dicirche é que de momento non se fixo crítica ningunha da obra, só houbo notas de prensa ao saír o libro (agás a atención que mereceu no programa de Ana Romaní). Daríame moita pena que pasase un pouco desapercibido nos circuítos nos que se decide qué se «debe ler», e témome que nisto vai influír o descoidado da edición. Ás veces resulta difícil saber qué erros son tipográficos e cales dependen da incompetencia lingüística do autor. Que, por favor, cho revise un lingüísta se o volves editar (hai algún bó na tvg, por certo, que seguro que o faría).
Claro que tamén estás no teu dereito de preferir que o libro se manteña á marxe e teña, digamos, unha distribución alternativa (pero é que xa temos un sistema tan ‘alternativo’, por puramente institucional, en Galicia, que é unha pena).
En fin… Quedei, ademais, un pouco frustrada ao non poder descargar texto ningún do blog. Apetecíame ler máis.
Pois iso, unha aperta e que escribas moito!
Prezada María:
Grazas polo teu comentario e só decirche que tes razón en todo. Na cuestión de posibles erros ortográficos a responsabilidade da incompetencia é miña (unha longa historia). O resto de cousas que citas con bo criterio tamén traballo en enmendalo.Teño pendente subir material inédito a web; serás a primeira en sabelo!
En breve presentarei BSO en Vigo e Lugo; agardo te pases.
Moitísimas grazas de novo!
Agardo ese material!
Unha aperta
Iván ivan tu libro es una mala copia de HSThompsom y un Bukowski de los castros, qué cutre… esperamos que no haya más…