Case sen tempo de falar delo, xa rematamos a terceira tempada de Cifras e Letras (a segunda que dirixo). Escasas novidades, agas que desta ocasión só fixemos un casting xeral para toda Galicia en Santiago y tamén que editamos para uso interno un documento dirixido aos guionistas con especificacións sobre os temas e estilo a empregar na redacción. Os perpetrantes foron os habituais: Chema Gagino, Ángel de la Cruz, Mili Muiña y Mónica Mejías Garabal. O mellor, como sempre, Paco, os expertos Jorge Mira e Yolanda Castaño (xa coroados como parella-non-de-feito polos televidentes) e os concursantes. O programa consolidouse na grella de TVG e xa é un referente, con numerosas reseñas na prensa do país (a ver si atopo a entrevista que lles fixeron no El Correo Gallego a Mira e Yolanda). Volvemos o 30 de Outubro a gravar unha nova tanda de 65 programas.