Finalmente a Real Academia Galega decidiuse a que o vate caurelán sexa protagonista do noso día das letras do 2010. Unha elección que enche de ledicia aos milleiros de persoas e colectivos que a través da web Uxío Novoneyra prestaron o seu apoio a esta concesión. Isto tamén supón unha boa nova para a realización do documental no que veño traballando os últimos anos e que dirixirei xunto a Federico García Cabezón nos próximos meses, agardamos que producida por G6. Noraboa tamén á familia Novoneyra, Elba, Branca, Arturo e Uxío, que tanto e tan bo fan por preservar a memoria e obra dun dos nosos autores imprescindibles e que tanto amou a Galicia.