Uxío Novoneyra: Poeta / Alén

Hai xa un par de anos que comezamos a traballar na idea, Federico García Cabezón e máis eu, de facer un documental sobre O Caurel. Atoparnos coa figura de Uxío Novoneyra foi, daquela, inevitable. Máis aínda polo feito de que Fede tivera unha forte amizade co vate caurelán, froito do seu labor coma médico rural e tamén como fotógrafo (o retrato deste artigo é súa). Finalmente optamos, en colaboración coa familia de Uxío, traballar no proxecto audiovisual que recollera a obra e figura de Novoneyra pero tamén a súa relación con outras disciplinas artísticas e significar o xeito vivo dos seus versos, unha das características máis salientables da súa poesía que non era senon a imaxe da súa propia atitude. Para salientar isto decidín que unha boa solución era dar a oportunidade de que novos artistas e creadores levaran a escrita de Novoneyra ao seu terreo.

O meu texto foi subvencionado para o desenvolvemento de guion en lingua galega, é unha vez rematados os meus compromisos noutras producións agardo comezala pre-producción do documental.

Tedes a ficha do proxecto na AAG aquí.

Galiza Sanguenta: Maldito Bastardo!

(Hai uns meses a xentiña da Academia Galega do Audiovisual puxose en contacto conmigo para que escribira este artigo sobre a película de Javi Camino, destiñado á publicación na súa revista. Mentras sae da imprenta ou a colgan na rede aproveito e subo o texto aquí. As seguintes liñas son previas á nova de que o filme 100% galego fose premiado no festival italiano de Fearment…)

A xeito de liturxia ou mantra falsario, en cada acto relacionado co audiovisual galego (moito premio, moita gala e ata… embaixador! para tan exigua produción) repítense as palabras lapidarias de Chano Piñeiro: «Facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario». Quenes, por capacidade e medios, o poden facer, rara vez se prestan a tamaña fazaña.

Non é o caso de Javi Camino, cineasta compostelán que ven de dar a luz a impactante Maldito Bastardo! (2008)

Desenvolvemento de conceptos e personaxes da súa anterior curtametraxe (escrita en colaboración co guionista David Gómez), a demencial A Consulta do Doutor Natalio (2004), Maldito Bastardo! é unha fabula grotesca e surrealista en clave gore. A adscrición ao xénero non é gratuita, xa que este ten as súas orixes no Grand Guignol francés, coa que o filme de Camino comparte teatralidade e exceso (que a súa espectacular  estrea fose no Teatro Principal da capital redondea a comparación). Pero non fai falla irse de guais máis do preciso. O referente máis próximo e a inefable A matanza canibal dos garrulos lisérxicos do malogrado Toñito Blanco, co que ademáis comparte actor, Juanillo Esteban, protagonista absoluto e histriónico de Maldito Bastardo! e xa definitivamente actor de culto. Se Toñito miraba de fronte ao Tobe Hooper de La matanza de Texas (1974), Javi Camino se achega tamén a Sam Raimi ou ao Stuart Gordon de Re-Animator (1985). En ámbolos dous casos levando a acción aos vértices máis escabrosos da nosa identidade nacional (A matanza do porco, Paulino de Chantada, etc, etc…) aínda que no caso de Javi Camino introducindo aínda máis frikadas.

Gravada en minidv ao longo dun par de anos cun equipo técnico exiguo que nunca superou as catro persoas, un orzamento ridículo para incluso unha curta (e absorvido basicamente pola maquillaxe) e cun reparto ao que xunto a Juanillo atopamos a Tamar Novas e Pilar Miguélez, Maldito Bastardo! logrou encherse ata as grandes pantallas cunha subvención da Consellaría de Cultura. Grazas a unha interesante promoción a través da rede nos foros e webs especializados e xunto a súa distribución en dvd e exhibición en festivais internacionais, sen dubida Maldito Bastardo! vai a ser a película independente máis coñecida do ano alén o planeta Galiza.

Un eficaz exemplo de cómo o amor ao cinema e a atitude punk do DIY pode acadar os éxitos (público, difusión) que a nosa non-industria dificilmente acada.

www.malditobastardo.net

www.javicamino.blogspot.com

www.youtube.com/watch?v=dIK5uT3f5-4