Uxío Novoneyra: Poeta / Alén

Hai xa un par de anos que comezamos a traballar na idea, Federico García Cabezón e máis eu, de facer un documental sobre O Caurel. Atoparnos coa figura de Uxío Novoneyra foi, daquela, inevitable. Máis aínda polo feito de que Fede tivera unha forte amizade co vate caurelán, froito do seu labor coma médico rural e tamén como fotógrafo (o retrato deste artigo é súa). Finalmente optamos, en colaboración coa familia de Uxío, traballar no proxecto audiovisual que recollera a obra e figura de Novoneyra pero tamén a súa relación con outras disciplinas artísticas e significar o xeito vivo dos seus versos, unha das características máis salientables da súa poesía que non era senon a imaxe da súa propia atitude. Para salientar isto decidín que unha boa solución era dar a oportunidade de que novos artistas e creadores levaran a escrita de Novoneyra ao seu terreo.

O meu texto foi subvencionado para o desenvolvemento de guion en lingua galega, é unha vez rematados os meus compromisos noutras producións agardo comezala pre-producción do documental.

Tedes a ficha do proxecto na AAG aquí.